Ciencias da Educación @UniversidadeUSC. Belén Castro defende a súa 2ª tese: “Recuperación de memoria en contexto de conflicto a través de la educación patrimonial: El traslado forzoso de Portomarín (Lugo).” Dirixida por @rfacal. #Memoria, #Patrimonio.
No tribunal @CristinaSanCarr do @IncipitCSIC relaciona o espolio de #Portomarín cos traballos sobre extractivismo na perspectiva ecofeminista.
@CristinaSanCarr @IncipitCSIC No tribunal da tese de #BelénCastro, @alchasai da @ualmeria subliña que é unha tese feita coas persoas e para as persoas, con transferencia social. #VilasAsolagadas #Portomarín #EducaciónPatrimonial.
@CristinaSanCarr @IncipitCSIC @alchasai @ualmeria Tese de #BelénCastro: Cosme Gómez Carrasco @VHistoryLab apunta o papel das emocións na recuperación da memoria. As testemuñas da veciñanza nos vídeos son desgarradoras. #ViolenciaSistémica #Portomarín.
@CristinaSanCarr @IncipitCSIC @alchasai @ualmeria @VHistoryLab Brillante #BelénCastro. Co tribunal e director. @rfacal narrou como, ao inicio da tese, Belén contoulle a conversa cun veciño expulsado de #Portomarín: “Cando soño estou na miña casa agora baixo a auga. Non son capaz de soñar na vila nova”. #Trauma #Memoria #EducaciónPatrimonial