E se vos digo que en Vigo temos un edificio de 1862 que era unha fábrica de papel que aproveitaba a forza do río; na que se imprimiron libros de Murguía e moi probablemente Cantares Galegos e que co seu papel imprimíronse os primeiros números do @Farodevigo 📸 Vigo Industrial
Un edificio que despois de 162 segue en pé. Esquecido, maltratado e agardando que lle dean un futuro mellor. Que ten unha entrada testemuña dun pasado de esplendor opacado polo tempo. 📸 Vigo oculto
Que agora mesmo é empregado coma unha simple e vulgar nave industrial. Non importa a súa historia, non importa a súa lonxevidade, non importa a súa beleza.
O seu nome é "La Cristina" e atópase nun estado que non é digno da súa importancia. 📸 @DescubreCadaDia
@DescubreCadaDia Imaxinádevos este conxunto rehabilitado, ó carón do Lagares, posto en valor, para toda veciñanza.
Pero que se podería facer? Pois practicamente calquera alternativa é mellor que o estado actual. Idealmente sería público, pola súa historia. Pero temos un exemplo moi próximo e moi similar, en Santiago.
@samvgm @DescubreCadaDia Que prezo ten? Canto costaría rehabilitalo e facer del un centro social e cultural (por exemplo)? A ver se unha campaña de crowdfunding da para iniciar o camiño.